A asociación Boa Vida pide a regularización de "máis de 500.000 persoas que están no limbo"
A asociación pontevedresa Boa Vida, integrante da Coordinadora Galega da Iniciativa Legislativa Popular Regularización Xa, presentou este martes unha moción no Concello para a regularización extraordinaria das persoas migrantes no Estado español. Esta moción está promovida pola plataforma Esenciales, e esperan incluír o seu debate no pleno da corporación local.
O coordinador desta campaña e tesoureiro de Boa Vida, José Antonio Ramírez, explica que xa se recolleron máis de 600.000 firmas en todo o Estado, 8.000 delas en Galicia, e que se lograron varias regularizacións. A pesar diso, Ramírez afirma que é necesaria outra máis xa que "hai máis de 500.000 persoas non limbo, un terzo de elas persoas que aínda non teñen a maioría de idade".
Algúns dos problemas que explica o tesoureiro da asociación son que as persoas nesta situación non teñen acceso a unha vivenda nin a un traballo, polo que "isto só pode significar que están na zona da economía gris".
Desde Boa Vida resaltan este problema, xa que "desde o punto de vista económico só contribúen cos impostos indirectos en lugar de estar a crear dereitos para eles e para o país".
José Antonio Ramírez espera que as formacións políticas que están no Concello debatan e apoien que isto se tramite no Estado antes das próximas eleccións.
En relación á situación en Galicia, Ramírez estima que das 500.000 persoas afectadas en España, 80.000 residen nesta Comunidade Autónoma. "O 86% desta cifra son persoas de Latinoamérica e o 11% veñen de África, tanto subsaharianos como do Maghreb".
O tesoureiro de Boa Vida explica que están a presentar esta moción en diversos concellos de Galicia, unha iniciativa que está impulsada desde o Foro Galego de Inmigración, que forma parte da coordinadora estatal.