A devoción polo Xesús Nazareno inunda as rúas do centro histórico de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
O bo tempo segue acompañando á Semana Santa pontevedresa que, a piques de entrar nos seus días centrais, acolleu este martes outro dos seus principais actos relixiosos: a procesión de procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza.
A comitiva, coa Cofradía de Nuestro Padre Jesús del Silencio á fronte, partiu sobre as nove da noite da igrexa de San Bartolomé, onde acudiron numerosos fieis.
Acompañados, como marca a tradición, polas integrantes da Cofradía del Mayor Dolor que custodiaron a talla da virxe, os confrades procesionaron coa imaxe de Xesús Nazareno.
Tras saír de San Bartolomé e percorrer a rúa Sarmiento, a procesión pasou por Isabel II, Princesa, Praza do Teucro, Manuel Quiroga, Soportais, Praza da Ferrería, Paseo Antonio Odriozola e Pasantería, antes de volver a Sarmiento e recollerse en San Bartolomé.
A programación da Semana Santa continuará este mércores coa procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao Lombo. Sairá ás nove da noite desde Santa María e chegará ata Curros Enríquez antes de regresar ao punto de partida.
Relacionadas:
-
A Semana Santa entre bambolinas
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Colofón a unha Semana Santa de bo tempo e actos multitudinarios
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A Semana Santa pontevedresa estrea procesión: o Ecce Homo, trasladado ao Burgo
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A procesión do 'Santo Enterro' volveu encher as rúas da Boa Vila
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Numerosos devotos asisten á procesión matinal do 'Encontro'
Por Diego Torrado |
-
O bo tempo e unha multitude acompañan ás sete confrarías pontevedresas na procesión dos Pasos
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Solemnidade na procesión máis feminina, a Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Vera Cruz procesiona a talla barroca cedida polas clarisas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Milleiros de palmas reciben á 'Burriña' nun asollado Domingo de Ramos
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A procesión da Virxe das Dores estrea a Semana Santa nas rúas de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |