Chapa e pintura para os parques infantís de Barcelos e A Illa das Esculturas
Por Redacción
Operarios do Servizo Municipal de Parques e Xardíns levan días actuando nunha das zonas de xogo infantís máis usadas da cidade, a situada na Praza de Barcelos.
Estes traballos, cos que se pretenden emendar as principais deficiencias deste parque infantil así como restaurar algúns dos seus elementos mediante labores de pintado, substitución de redes e de pezas danadas, conta cun orzamento de preto de 20.000 euros.
Tamén está previsto acondionar o pavimento de céspede artificial nas zonas máis castigadas.
"Trátase dunha actuación de mantemento e reparación que permitirá conservar o parque en boas condicións ata que se acometa a obra definitiva, xa no seguinte mandato", asegura o edil Iván Puentes.
Ademais destináronse outros 6.000 euros en restaurar a zona de xogos infantís da Illa das Esculturas.
Tras estas actuacións o seguinte parque no que se poñerán en marcha obras de reparación e posta a punto será o de Santa Clara, segundo avanza o goberno local.