Un home apuñala no pescozo a súa exparella en Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Anxo Lourido
Unha muller de 36 anos foi atacada pola súa exparella a última hora da tarde deste sábado en Monte Porreiro na contorna das rúas Cambria e Alemaña. A vítima foi apuñalada e sufriu un corte no pescozo.
Segundo fontes da Policía Nacional, unha ambulancia trasladouna en estado consciente ata un centro hospitalario para ser atendida da ferida.
O presunto agresor convivía con ela nun piso da urbanización pontevedresa, a pesar de que, na actualidade, xa non eran parella. Ata o lugar desprazáronse patrullas da Policía Nacional.
O home inicialmente fuxiu do lugar e, posteriormente, era detido a uns metros da zona, tras entregarse de maneira voluntaria aos axentes da Policía Nacional. O presunto agresor e a vítima son de nacionalidade colombiana, segundo as mesmas fontes.
Están a investigarse as causas que provocaron o suceso.
Relacionadas:
-
Detido un home por agredir e ameazar a súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Prisión por tentativa de homicidio para o presunto agresor da súa exparella en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Condenado a 47 anos de cárcere un home que converteu a vida da súa parella "nun auténtico horror"
Por Oskar Viéitez |
-
Un menor, condenado a seguir un curso contra a violencia de xénero por maltratar á súa ex
Por Natalia Puga |
-
Debullando a lei do 'só si é si': do dereito de reparación social aos dispositivos de protección para a vítima
Por Natalia Puga |
-
Un ano sen Jessica: "Non foi un accidente, el estábaa acosando, vixilábaa. Non houbo relación, pero foi un crime machista"
Por Natalia Puga |