CGT pide unha loita en unidade contra o paro, a precariedade e a exclusión social
Por Cristina Saiz & Redacción
"Reivindicamos traballo". A CGT saía este 1º de maio ás rúas de Pontevedra con esta proposta e reclamando unha loita en unidade para enfrontarse ao paro, a precariedade e a exclusión social.
Esta central sindical demanda á cidadanía a defensa da sanidade pública, a educación pública e o sistema público de pensións cun compromiso baseado na igualdade e a solidariedade.
A súa proposta céntrase nunha acción conxunta, asemblearia, sen xefaturas nin burocracias, en contra das discriminacións e os privilexios de determinados sectores sociais.
A manifestación da CGT foi a cuarta marcha sindical organizada nesta xornada en Pontevedra e partía ás 12.45 do Hospital Provincial para finalizar na Subdelegación do Goberno.