O Barco San Narciso e o Maio San Xulián obteñen os principais premios do Concurso en Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concurso de Maios e Embarcacións chegaba este ano ao seu setenta aniversario e o número de participantes foi moi elevado con gran nivel creativo e artístico, tal e como se puido comprobar na Alameda de Marín.
Os premios á mellor construción e mellor coroa foron para Maio San Xulián; no segundo caso compartido con Maio Mariñeiro (Sequelo). A mellor letra nesta categoría leváballa Maio Pequeniño (Inmaculada) e a mellor interpretación ía para Maio da Bruxa (S. Narciso).
No apartado de embarcacións, o primeiro premio á construción e á letra foi para Barco San Narciso. A mellor interpretación levoulla San Xian dos Ancoradouros.
As agrupacións recibiron os agasallos a cargo dos supermercados Froiz e Gadis.
O Ateneo Santa Cecilia fai, ademais, unha especial mención a Ramón Aguilera, que mostrou a súa Maio elaborado totalmente con papel e materiais reciclados. O traballo foi cedido ao Ateneo Santa Cecilia e estará exposto no local desta institución coa exposición fotográfica con imaxes antigas dos Maios ata o 20 de maio.
LXX Concurso de Maios e Embarcacións 2023 de Marín
Certame organizado polo Ateneo Santa Cecilia e celebrado na Alameda de Marín
© Concello de Marín