A asociación cultural de Forzáns entrega dúas toneladas de alimentos ao Comedor de San Francisco
Por Redacción
A Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns entregou este venres ao comedor social de San Francisco de Pontevedra dúas toneladas de alimentos.
Neste acto de solidariedade participou a veciñanza desta parroquia de Ponte Caldelas así como doutras colindantes pertencentes aos concellos de Fornelos de Montes e A Lama.
Trátase da campaña anual de Operación Quilo que se leva facendo desde hai máis de 15 anos e que, nesta ocasión, contou cun recital en homenaxe a Portugal de Cándido Picanzo, foi o pasado sábado 29 de abril.
O presidente da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns, Antón Xil, agradeceu o traballo social que desempeña a comunidade franciscana e tivo palabras de lembranza para o pai Gonzalo Diéguez, anterior responsable deste comedor que faleceu o pasado 8 de marzo.