Unha aplicación permite coñecer o estado de ocupación das prazas de aparcadoiro no Porto de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/469/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/645cb051b3-whatsapp-image-2023-05-11-at-11.02.56.jpeg)
© Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra
Xa se atopa en marcha a nova aplicación para móbiles que axudará ás persoas usuarias do Porto de Marín a coñecer se hai prazas de aparcamento libres no recinto.
A Autoridade Portuaria indica que este proxecto se lanza en fase de modo piloto aplicándoo á zona situada próxima a Cabomar, en Praceres. Alí atópanse ao redor de cen prazas para coche.
A app denomínase 'SmartParking APMarín' e foi elaborada por Orange. Pódese descargar tanto en Android como en iOS.
A proposta inclúese na estratexia de Transformación Dixital do Porto e está relacionada coa optimización de infraestruturas portuarias. A través da app monitorízanse en tempo real os niveis de ocupación dos aparcamentos e, desta forma, mellorar a xestión de tráfico, recompilar máis información sobre a circulación dentro do porto e ofrecer unha solución tecnolóxica a persoas usuarias e traballadores de empresas portuarias.
Para realizar a monitorización utilízanse cámaras con Intelixencia Artificial que mapean as diferentes superficies de aparcamento do Porto. A través dun algoritmo de procesamento de imaxes determina se as prazas atópanse ocupadas ou libres. A aplicación informa o usuario utilizando un código de cores o estado en que se atopan os espazos nas zonas de aparcamento.
Relacionadas:
-
Acometen labores de mantemento nos aparcadoiros públicos gratuítos do centro urbano marinense
Por Redacción |
-
Este venres pecha o tramo final da Avenida de Vigo por obras
Por Redacción |
-
28M | O PP de Marín propón as humanizacións de Serafín Tubío e Jaime Janer
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria completa a implantación da monitorización remota do faro de Ons
Por Redacción |
-
O Porto de Marín adaptará a súa rede ferroviaria para que opere de forma automática e remota
Por Redacción |