Pillado ' in fraganti' subido a unha escavadora mentres furtaba gasóleo
Por Oskar Viéitez
Cunha garrafa nunha man, agarrando unha mangueira coa outra e subido a unha escavadora, sorprenderon os axentes da Policía Local a un home de 42 anos.
Cando lle preguntaron os policías que estaba a facer, este individuo recoñeceu o evidente, estaba a furtar gasóleo.
Apenas levaba dous litros na garrafa, estaba en pleno proceso de extracción do combustible desta escavadora aparcada e non oíu achegarse os axentes municipais.
Aconteceu na noite do pasado 7 de xaneiro na Seca, nas obras do AVE. A este veciño de Pontevedra impútaselle unha falta de furto.