A máquina de reciclaxe da Praza de Abastos de Marín volve estar en marcha
Por Redacción
A máquina de reciclaxe instalada hai uns anos pola Asociación de comerciantes da Praza de Abastos de Marín volve estar en marcha desde o mediodía deste venres.
En ela poden introducirse envases como botellas de plástico e latas e, automaticamente, o cliente obtén un ticket cun incentivo económico, tickets que poderán ir acumulando coa finalidade de canxealos nos postos asociados. Deste xeito, buscan concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe selectiva e tamén dinamizar as vendas na praza.
A máquina estivo desconectada desde a pandemia da covid-19 pero desde agora está encendida cunha nova funcionalidade: unha compactadora coa que se triplica a capacidade dos envases de plástico, optimizando deste modo as funcións da máquina e aforrando custos de loxística.
A posta en marcha da máquina contou coa presenza da Concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, de membros da nova xunta directiva da Praza e da xerente da asociación da Praza de Abastos de Marín, Helena Caíña.
Relacionadas:
-
Buscan novas fórmulas para ocupar as vacantes dos mercados de Marín e Seixo
Por Redacción |
-
28M | O PP de Marín propón as humanizacións de Serafín Tubío e Jaime Janer
Por Redacción |
-
Marín apúntase á reciclaxe de roupa e aceite
Por Redacción |
-
Marín aproba con nota na recollida selectiva de lixo, agás nos voluminosos
Por Redacción |