Un taller de defensa persoal e outro de coidado de cans para pechar o mes de maio no CEIP San Benito de Lérez
Por Redacción
O CEIP San Benito de Lérez ten preparadas dúas actividades coas que finalizará o mes de maio: unha será a visita do Centro deportivo canino DivertiCans, que fará 3 obradoiros destinados a todo o alumnado, e outra dirixida a mulleres da comunidade educativa, que consistirá en dous talleres de defensa persoal.
O próximo mércores 24 de maio celebrarase o proyecto "Coidando dos nosos cans e cadelas, non son xoguetes", para ensinar a convivir cos cans (coidalos, adestralos, desfrutar da súa compaña..etc) e favorecer a comunicación entre o alumnado do centro e os cans para contribuír a reducir o número de sacrificios/ou abandonos por agresións, favorecer as adopcións e, en definitiva, promover a convivencia persoas e cans.
Os contidos que tratarán son a escala de comunicación canina: sinais de calma, de advertencia, inmovilidade e fuxida e agresión; aprendizaxe, básicamente cómo funciona a cabeza do can; órganos dos sentidos, cómo funciona o tacto, o oído, o gusto, o olfato e especial a vista; o estrés nos cans, cómo funciona, o que o xenera, e como facer para reducilo; e necesidades básicas: o descanso, alimentación, ausencia de dor física e psíquica (ausencia de castigos e maltrato), atención veterinaria e liberdade (exercicio físico e mental).
Os obradoiros, que terán unha duración de 50 minutos nas horas lectivas do centro, estarán dirixidos polo persoal voluntario de DivertiCans, que levarán sete cans adestrados no centro deportivo co que contan en Couso.
Pola súa banda, os días 23 e 30 de maio (martes) levaranse a cabo 2 talleres de Defensa Persoal para Mulleres (DPM) a cargo do Clube de Taekwondo Taekanart. Será en horario de 19:30 a 21:30 horas no ximnasio do colexio e está dirixido a mulleres da comunidade educativa do centro e interesadas no mesmo.
A DPM pretende contribuir a afrontar a violencia de xénero desde un prisma global e aportar coñecementos, adestramento en actitudes e técnicas ante situacións de agresión. Tamén busca autoafirmar, reforzar psíquica e físicamente as mulleres que sofren, ou son susceptibles de sufrir situacións de violencia de xénero, apoia e reforza a seguridade persoal e autoestima, promovendo a autonomía persoal física e mental en métodos de autodefensa e evasión, co obxetivo de salvar situacións anómalas, difíciles, e de perigo.
Con estes obradoiros, desde ANPA O Areeiro queren enfocarse en adestrar as mulleres desde idades moi tempranas como unha ferramenta preventiva de autocoidado ante situacións de posibles de agresións e/ou de perigro.
Deste xeito, a finalidade é aportar información e adestramento en como introducir estratexias de prevención na súa vida cotiá, aprendendo a detectar, localizar, e avaliar situacións de risco
As actividades están co-organizadas pola ANPA O Areeiro en coordinación coa dirección e o profesorado, e coas persoas responsables de Diverticans e do Clube de Taekwondo Taekanart.
Relacionadas:
-
Comeza o proxecto 'A horta escolar, espazo didáctico e comunitario' no CEIP San Benito de Lérez
-
Preto de 500 escolares defenden os seus proxectos científicos en Pontenciencia
Por Redacción |
-
Escolares de nove colexios pontevedreses explorarán a natureza do río Almofrei ata o 20 de maio
Por Redacción |