O tripulante dunha embarcación á deriva en Bueu foi rescatado polo helicóptero de Gardacostas
Por Redacción
A última hora da tarde do domingo, o helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia recollía un dos tripulantes, san e salvo, dunha embarcación que se atopaba á deriva en Bueu.
O home foi trasladado ata o aeroporto de Peinador onde o agardaba a súa familia e o compañeiro, que previamenta se lanzara a nado tras perder a lancha pneumática.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso pasados dez minutos das 21.30 horas. A Policía Local, tras ser alertada por un particular, avisaba o 112 Galicia para indicar que unha embarcación se atopaba á deriva achegándose ás rochas, no municipio de Bueu.
Desde o 112 Galicia pasaron aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas, que rapidamente derivou ao punto un helicóptero e unha embarcación.
Os dous tripulantes resultaron ilesos sen que fose precisa a asistencia sanitaria, segundo indica o servizo de Emerxencias do 112.