A Ruta dos Muíños de Samieira xa está conectada coa estrada PO-308

Por Redacción
Veñen de rematar os traballos para dotar á Ruta dos Muíños de Samieira dunha nova senda peonil, que servirá para conectar este enclave coa PO-308 á altura da recta do Laño.
O Concello de Poio adxudicara esta actuación á empresa Servicios Medioambientales del Miño SL cun orzamento próximo aos 77.000 euros, que proveñen de fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Esta nova zona de tránsito conta cunha extensión de aproximadamente 200 metros, a que separa a estrada PO-308 coa senda dos muíños.
Ademais de habilitar esta conexión peonil, tamén se procedeu ao acondicionamento de parte do regato e á limpeza retirada de maleza, así como a dotación dunha escaleira para acceder ao Laño.
Deste xeito, o núcleo de Samieira pasa a contar cunha conexión para peóns que vai desde a Praza Alfredo Romay ata practicamente a praia do Laño.
Relacionadas:
-
Inicio das obras da senda peonil entre a Ruta dos Muíños de Samieira e a PO-308 no Laño
Por Redacción |
-
Adxudicada a creación dunha senda entre a Ruta dos Muíños de Samieira e a PO-308 á altura do Laño
Por Redacción |
-
Aprobada a primeira fase de creación dunha senda peonil entre os muíños de Samieira e a praia de Laño
Por Anxo Lourido |