Danan quince coches aparcados en Cambados cun líquido decapante
Por Oskar Viéitez
A Policía Local e a Garda Civil investigan un novo ataque contra vehículos aparcados nas rúas do centro urbano de Cambados.
Nesta ocasión polo menos son quince os coches foron atacados con líquido decapante. Estes vehículos estaban estacionados na zona do Pombal, riveira de Fefiñáns e ata a Praza do Concello.
É a cuarta vez no que vai de ano que se producen sabotaxes a vehículos, en anteriores ocasións picaron as rodas de maneira masiva. Agora é a segunda vez en que se emprega un líquido decapante para danar a carrocería aínda que outros tamén tiñan os seus pneumáticos picados.
O alcalde de Cambados, Samuel Lago, sinalou que, nesta ocasión, este "vándalo" cambiou o seu "modus operandi" e o lugar no que adoita actuar.
Tamén informou que a Garda Civil está a revisar as gravacións das cámaras de vixilancia da zona, tanto as públicas como as de establecementos particulares.
"Nós desde o Concello, visto que isto se sigue repetindo e que as forzas de seguridade non dan localizado a esta persoa trataremos de reforzar ainda máis a videovixilancia con novas cámaras en distintos puntos da vila", anunciou o alcalde.
Relacionadas:
-
En liberdade o veciño de Padrón, de 46 anos, detido como presunto autor de danos en 75 vehículos de Cambados
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Novo ataque contra coches aparcados no centro de Cambados
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian que intentaron queimar o coche do alcalde de Vilanova
Por Natalia Puga |