A APDR muda a "Marcha contra Celulosas" para o domingo 25 de xuño
Por Redacción
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), vén de mudar a data inicialmente elixida para a vindeira Marcha contra Celulosas.
Definitivamente vai ser o domingo 25 de xuño ás 12 horas e, como de costume, con saída das alamedas de Marín e Pontevedra.
Baixo o lema xeral "Non renunciamos a un futuro sen ENCE na Ría", esta nova mobilización enmárcase na liña de actuación iniciada coa edición anterior, na "loita polo futuro da comarca" que, segundo entende a APDR, é "un futuro que non ten volta atrás e que pasa inevitablemente pola saída de ENCE da Ría".
O profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, Jorge Rodríguez, será a persoa encargada de ler o comunicado final na Marcha que rematará cunha festa na Alameda de Pontevedra.