Acordo entre PSOE e BNG en Cuntis para facilitar un goberno en minoría do socialista Manuel Campos
Por Diego Espiño
Un acordo alcanzado entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Cuntis permitirá o vindeiro sábado 17 de xuño investir como alcalde do municipio ao socialista Manuel Campos Velay.
Así o confirmou o propio Campos tras a segunda reunión celebrada entre ambas as dúas forzas políticas, desenvolvida asegura nun clima de diálogo e coordialidad.
A decisión do BNG é apoiar a investidura do alcalde socialista para facilitar un goberno de esquerdas e progresista, aínda que polo momento non entrará a formar parte do goberno local.
Trátase en todo caso dunha opción que non se descarta, xa que PSOE e BNG decidiron manter activa a mesa de diálogo formada.
"Agradecemos moito a actitude do BNG, que neste primeiro momento decantouse por non formar parte do goberno pero que está moi interesado en que en Cuntis avancen as políticas sociais e o concepto de vila que comezamos xa a desenvolver; por tanto eu non descarto que máis adiante se reformule esta decisión e acorden entrar a formar parte do goberno", asegura Manuel Campos.
Desta forma Campos Velay poderá manter o goberno de Cuntis grazas aos 5 concelleiros conseguidos nas recentes eleccións locais, os mesmos cos que contará o Partido Popular, mentres que o BNG terá un único edil.
O pleno municipal para a constitución de goberno en Cuntis terá lugar o próximo día 17 de xuño a partir das 11.00 horas.