Jacobo Moreira insta a Antón Louro ou a Luis Bará a que "urbanicen en condicións" a parcela de Pasarón
Por Redacción
O voceiro municipal do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira, entende que "Antón Louro, como encargado oficial de Urbanismo, ou Luis Bará, que de vez en cando fai unha ponte ao socialista e preséntase como titular desa mesma responsabilidade", terían que afrontar con urxencia a adecuada urbanización da explanada de acceso ao Estadio de Pasarón.
Os populares lembran que xa pasaron máis de sete anos dende que se declarara a urxente ocupación dos terreos e desde entón, o goberno local só puxera un "parche provisional de 20.000 euros, improvisado precisamente para disimular a súa inacción durante o partido de inauguración do estadio".
"Agora, a escasa e ridícula actuación de apisoar o terreo confirma ese deixamento do Concello á hora de solucionar os problemas dos veciños do Burgo, que non teñen nin área axardinada nin aparcamento decentes", din nun comunicado os concelleiros populares.
O PP recorda que o proxecto de acondicionamento desta parcela está redactado dende hai nove anos e que varios veciños foron expropiados e tiveron que abandonar as súas vivendas para facer esta obra. "E todo para que? Para ter unha explanada chea de lama?", finalizou Moreira.
Relacionadas:
-
Louzán acusa o PSdeG-PSOE de "intentar desprestixiar" cun "caso pechado" como a obra de Pasarón
Por Natalia Puga |
-
O estacionamento disuasorio da Parda funciona a pleno rendemento
Por Redacción |
-
A chuvia converte ao aparcadoiro de Pasarón nunha lameira
Por Redacción |
-
Louzán define coma un "manchón" o aparcadoiro disuasorio fronte ao Estadio de Pasarón
Por Oskar Viéitez |