David Castro repite xesto, cambia de partido: alza o bastón de mando para o PP
Por Redacción
David Castro segue sendo alcalde de Ribadumia. Este sábado volveu alzar o bastón de mando, un xesto igual ao que xa realizou dúas veces antes, en 2015 e 2019, pero, nesta ocasión, baixo unhas siglas diferentes, co PP.
Nas eleccións municipais do 28 de maio, David Castro mellorou co Partido Popular a maioría absoluta que xa tivera como líder de Independentes por Ribadumia fai catro anos. Tras a súa polémica marcha do seu anterior partido, pasou de oito a nove concelleiros.
Entre 2015 e 2019 necesitara o apoio do PP e do PSOE, pero agora, como fai catro anos, gobernará en solitario. Afronta o seu terceiro mandato cunha folgada maioría que o isto de partidos non logran desbancar.
Na sesión de invetidura celebrada ao mediodía deste sábado, nove concelleiros recolleron a acta do PP, tres fixérono do PSdeG-PSOE e Xuntos por Ribadumia, Somos Ribadumia e o BNG lograron unha acta cada un.