Marco Gastrobar inaugura en Fernández Villaverde cunha proposta orixinal e moderna
A proposta hostaleira de Marco Coffee & Drinks dá un paso adiante cunha segunda opción na cidade do Lérez. Así, Marco Gastrobar é unha magnífica realidade desde a tarde deste xoves, coa inauguración na Rúa Fernández Villaverde do seu novo local en Pontevedra.
Despois de moitos meses de traballo e esforzo, empregados en acondicionar as instalacións e en preparar unha carta variada, orixinal, moderna e coa calidade por bandeira, Marco Gastrobar chega coa intención de converterse nun lugar de encontro ideal onde tomar un viño e unha tapa mentres se goza da súa cómoda terraza ou o seu moderno interior, apreciando o bo facer dunha cociña que emprega os mellores produtos.
A festa de inauguración congregou a numeroso público ansioso de coñecer as instalacións dun moderno local de restauración, cuxas instalacións e servizo causaron unha magnífica impresión.
A súa adega é outro dos puntos fortes deste novo local. Unha coidada selección de de viños para elixir a gusto de cada cal.
Deste xeito, Marco Gastrobar preséntase ao público coa intención de converterse nun punto de referencia gastronómico da Boa Vila, ademais de ser un lugar especial onde gozar dun ambiente agradable en compañía de familia e amigos.