A Policía Local de Vilagarcía detén un home que intentaba agredir a outro cun cúter
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Vilagarcía detivo na madrugada deste luns un individuo de 41 anos por participar nunha pelexa con outro home.
Segundo informou o Concello de Vilagarcía, este individuo intentou agredir a outro cun cúter na avenida Doutor Tourón.
O detido dicía que a causa da pelexa fora que a outra persoa lle quitara 20 euros.
Pola contra, os axentes recabaron a versión dos feitos deste último home que explicou que o detido, horas antes, ameazara co cúter ao fillo menor da súa acompañante, extremo corroborado por esta e outra testemuña.
Relacionadas:
-
A Policía incauta cocaína e cartos a un trapicheiro e denuncia un home por levar pola rúa unha planta de marihuana
Por Oskar Viéitez |
-
Detido por roubar a pensión a dúas anciás facéndolles vivir en condicións infrahumanas
Por Oskar Viéitez |
-
Detido un mozo de 20 anos por propinarlle unha puñada no estómago e agredir cun pau a súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Un home, detido tras cometer unha surrealista cadea de delitos no Grove, Noalla, Portonovo e Cambados
Por Diego Espiño |
-
Detido o presunto autor de catro roubos a caixeiros bancarios utilizando explosivos, un deles en Barro
Por Redacción |