O parking de Nauta recada máis de 53.600 euros, o mellor mes de xuño desde a súa apertura
Por Redacción
O mellor mes de xuño de toda a historia do aparcadoiro público de Nauta, así indica o Concello de Sanxenxo os datos obtidos durante o pasado mes no aparcamento da vila turística.
Recadáronse 53.647 euros. Na primeira quincena lográronse 20.959 euros e na segunda, 32.688.
Os vehículos estacionaron unha media de dúas horas e 17 minutos cunha rotación de 13.586 vehículos. Estas cifras son destacadas polo goberno local ao tratarse dun mes en que se atopaban dispoñibles catro aparcamentos disuasorios gratuítos no centro da vila.
A oficina de turismo situada no porto deportivo de Sanxenxo obtivo 578 visitas, 482 nacionais e 96 internacionais. Trátase dun 44,65% máis de consultas en relación con 2022.
A maioría de visitantes procedían de Madrid (20%); Castela León (13,49%), Galicia (9,77%), seguidos por País Vasco e Asturias.
Os visitantes de orixe internacional procedían principalmente de Francia, Reino Unido e Portugal. A porcentaxe de visitantes que acudían por primeira vez a Sanxenxo en xuño foi dun 73,02% e o 26,98% restante xa estivera nalgunha outra ocasión.
O Concello tamén indica que neste mes de xullo atópase en funcionamento a oficina de Portonovo como punto para ofrecer información aos turistas.