Un sistema "homogéneo" para toda España, a proposta do PP en materia de educación
Por Redacción
A candidata do Partido Popular ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, defendeu este mércores que o Goberno colabore coas comunidades autónomas para ofrecer un sistema educativo "homogéneo" en toda España "que garantice la equidad".
Ese é un dos "grandes principios" nos que, segundo Pastor, inspírase o programa do PP en materia de educación para estas eleccións xerais do 23X, xunto co reforzo da súa calidade e a importancia de manter a estabilidade do sistema.
Así o detallou a candidata popular nun encontro en Pontevedra con representantes de educación primaria e secundaria, ensino especial e formación profesional, no que tamén estivo o conselleiro de Educación na Xunta de Galicia, Román Rodríguez.
Para o PP, destacou Ana Pastor, a educación "es la base para el desarrollo integral de las personas", polo que consideran que mellorar o actual modelo educativo é un "objetivo prioritario" para os populares, porque "queremos un país más próspero y equitativo".
Pedro Puy, número 3 da candidatura do PP por Pontevedra, que participou na redacción do programa electoral do PP, foi debullando as tres principais propostas en educación.
Os populares prometen impulsa medidas para mellorar a calidade e igualdade na educación que, entre outras propostas, inclúe a gratuidade da educación infantil ou o incremento de bolsas en todos os niveis formativos, incluída a educación universitaria.
Con respecto á lei educativa vixente, o PP aposta por "retocala" pero aseguran que non a derrogarán na súa integridade porque "é fundamental que o sistema educativo por fin teña estabilidade ao redor dunha serie de principios compartidos e que teñan evidencia científica".
Para iso, coa axuda de expertos, "tentaremos corrixir erros", sinalou Puy, para que os alumnos teñan unha mellor formación, se reduzan as taxas de abandono ou se fomente a "cultura do esforzo" tanto nos méritos dos alumnos como no acceso do profesorado.
Avanzar cara a un sistema nacional de educación sería o terceiro gran eixo de traballo do PP, que sostén que hai que garantir a igualdade en toda España "tendo en conta" ao mesmo tempo as necesidades e diferenzas das súas comunidades autónomas.
Román Rodríguez, pola súa banda, puxo en valor o modelo educativo impulsado en Galicia, que confía en que poida servir de "referencia" ao conxunto do país, ao estar caracterizado "pola calidade, a equidade, a igualdade de oportunidades e a educación en valores".
Este sistema, segundo o conselleiro de Educación, situou á comunidade galega "nos principais postos" da clasificación nacional e, en canto a investimento por alumno, na terceira posición das rexións que máis recursos dedican á educación.
Relacionadas:
-
Ana Pastor: "En Galicia estamos moi concienciados co turismo con sentidiño e Feijóo comparte ese compromiso"
Por Redacción |
-
Ana Pastor destaca o compromiso do PP co rural
Por Redacción |
-
Ana Pastor visita a sede da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal
Por Redacción |
-
Ana Pastor destaca a aposta do PP pola mocidade, "pero lo que no vamos a hacer nunca es intentar comprar su voto"
Por Oskar Viéitez |