Comezan os traballos de limpeza dos espazos públicos de Combarro
Por Redacción
Os operarios municipais do Concello de Poio comezaron na mañá deste venres 14 de xulo a limpeza e posta a punto das rúas e espazos públicos da parroquia de Combarro, desde a rúa Maceira ata a Praza da Chousa.
Os traballos consisten en limpeza de beirarrúas, baldeos con auga ou eliminación de herbas, fundamentalmente. A partir do luns procederán a aclarar e branquear as beirarrúas cunha máquina específica.
Ata o lugar achegáronse esta mañá o alcalde Ángel Moldes e os concelleiros Manuel Domínguez, de Medio Ambiente, e Marcial García, de Servizos.
Ao rematar en Combarro, os operarios continuarán cos labores de limpeza na parroquia de San Salvador.
SINALIZACIÓN
Estes días tamén se sinalizaron as novas zonas azuis en varios puntos de Combarro e Raxó. Estas zonas de aparcamento gratuíto permitirán a rotación de vehículos cada tres horas, entre as 9 e as 21 horas.
Esta medida foi adoptada polo Goberno local para mellorar e aliviar os problemas de estacionamento nestas parroquias e evitar que un mesmo coche permaneza aparcado durante varios días, como denunciou a veciñanza.