Catro persoas resultan feridas ao caer co seu coche por un desnivel en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez
Catro persoas resultaron feridas ao caer o coche no que viaxaban por un desnivel en Caldas de Reis.
Fontes do 061 precisaron que atenderon a tres varóns de 19, 25 e 64 anos e a unha muller de 26 anos.
Segundo informaron dende Protección Civil, o accidente tivo lugar este sábado ás 14:00 horas na estrada N-640 en Caldas de Reis. Por causas que se descoñecen o condutor perdeu o control do seu vehículo saíndose da estrada.
Efectivos de Protección Civil de Caldas e de Cuntis tiveron que rescatar dúas persoas que quedaron atrapadas no interior do coche sinistrado.
Urxencias Sanitarias de Galicia desprazou ao lugar un médico e dúas ambulancias para atender aos catro feridos, que foron levados ao centro de saúde da zona.