Volve Festixeve e a súa singular "procesión laica das empanadas e roscas"
Por María José Pita
Comezou sendo un pequeno evento para conmemorar o aniversario da Asociación Recreativa de Xeve e na actualidade é a gran festa da parroquia de Santo André de Xeve unha das citas populares máis queridas das Festas do Verán de Pontevedra.
Na súa 26 edición, FestiXeve convida a participar en diversas actividades, lúdicas, musicais e gastronómicas, a todos os públicos. O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez Junquera, destacaba que "quizais sexa o festival de toda Galicia con máis aire de romaría e festa popular".
Na presentación das actividades que se van desenvolver entre este xoves 20 de xullo e o domingo 23 no Campo de Fragoso, parroquia de Santo André de Xeve, participaba o presidente da Recreativa de Xeve, Florencio Chantrero, quen avanzaba o programa da festa e agradecía ao Concello de Pontevedra o seu apoio para que este evento estea consolidado.
Un dos pratos fortes de FestiXeve será a curiosa "procesión laica das empanadas e das roscas", que terá lugar o domingo 23, apuntaba o edil de Festas.
Pola súa banda, Chantrero non quería desvelar moitos detalles, xa que é un dos momentos máis especiais e agardados deste evento "que xa son moitos anos e é moi concorrido, pouca publicidade lle temos que facer", afirmaba sorrinte. Con todo, avanzou que se ía facer "un pequeno espectáculo" desfilando en procesión portando "as empanadas desde o centro cultural ata as mesas, acompañados pola charanga".
PROGRAMA DE FESTIXEVE
XOVES 20
20.00 h Cantos de taberna con "Maravallada"
VENRES 21
21.00 h Proba de aventura e orientación nocturna (OrientaXeve) e picadiscos co Dj Hugo
SÁBADO 22
De 18.00 a 22.00 h Inchables
22.30 Concerto de Banda Xangay, Quinkillada e picadiscos
DOMINGO 23
15.00 h Comida popular
16.00 h Inchables, xogos populares con Risotadas, degustación de empanada e rosca, Charanga Ot...
Relacionadas:
-
Local Pop/Rock desembarca esta fin de semana na Boa Vila para dar visibilidade ao talento musical pontevedrés
Por Redacción |
-
Pontevedra busca ser un "fervedoiro" cunhas Festas de Verán convertidas no 'Pontevedra Verán Fest'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Festixeve regresa a Santo André con Sés como gran atractivo musical
Por Redacción |
-
Festixeve enche a carballeira de Vilar do Fragoso de xogos, música, empanada e polbo
Por Manu Otero |