Falece o home ferido no accidente de Cerponzóns
Por Oskar Viéitez
O accidente do pasado venres na parroquia pontevedresa de Cerponzóns no que se viron implicados tres vehículos saldouse cunha vítima mortal.
O falecido é José Mato San Martín, de 85 anos, unha persoa coñecida por ser o presidente da Federación de xubilados e pensionistas do sindicato Comisións Obreiras.
José Mato, permanecía na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo a consecuencia das graves feridas sufridas no accidente.
Segundo confirmaron fontes sanitarias o deceso produciuse na madrugada do sábado.
No sinistro resultaron lesionadas outras dúas mulleres de 60 e 45 anos que sufriron feridas de menor gravidade das que están a ser atendidas no hospital Miguel Domínguez.