O 'Rasca Cleopatra' da ONCE deixa 10.000 euros de premio en Benito Corbal
Por Cristina Saiz & Redacción
Un premio de 10.000 euros, correspondente á segunda categoría de premios do 'Rasca Cleopatra' da ONCE entregouse en Pontevedra.
José Manuel Muiños Tato foi o vendedor que trasladou a sorte á cidade desde o seu punto de venda que se atopa situado en Benito Corbal, número 28, no centro da coñecida como Milla de Ouro pontevedresa.
Este xogo do 'Rasca Cleopatra' permite, por dous euros, gañar unha cantidade de ata 100.000 euros. Se un ou máis dos símbolos da persoa compradora coincide con algún dos símbolos gañadores obtense o premio correspondente.
Se se obtén o símbolo "Crocodilo", conséguese o dobre do premio indicado e se aparece o símbolo "Pirámide" gáñanse 20 euros ao instante.