Dous feridos graves en Vilaxoán ao impactar un coche e unha moto
Por Redacción
Efectivos do servizo de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa excarceraban ao condutor e único ocupante dun turismo tras impactar cunha motocicleta este mércores ás 12.00 horas na Avenida de Cambados, en Vilaxoán, municipio de Vilagarcía.
O condutor permanecía inconsciente tras o impacto. A continuación foi trasladado a un centro hospitalario. O motorista tamén presentaba feridas de gravidade e foi evacuado a un centro médico.
Unha particular alerta ao 112 Galicia do brutal choque entre o turismo e a moto.
Desde o 112 requiríase a intervención de urxencias Sanitarias de Galicia-061. Un equipo médico acudía ao lugar en helicóptero procedente da base en Santiago de Compostela, segundo informa o propio 112.
Tamén se alertaba do sinistro á Policía Local, ao servizo de Emerxencias de Vilagarcía, aos Bombeiros de Ribadumia e á agrupación de voluntarios de Protección Civil.
Relacionadas:
-
Arde parte do antigo balneario de Vilagarcía
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Dá positivo en drogas nun control e, minutos máis tarde, é detido como autor de roubo de obxectos en turismos
Por Redacción |
-
Sae ileso tras perder o control do turismo en Cambados e impactar contra os postes dunha viña
Por Anxo Lourido |