Nova organización da Deputación con redución do 48% en gasto público
Este venres é un "día intenso" na Deputación de Pontevedra, segundo valorou o presidente desta administración provincial, Luís López, "hoxe iniciamos a nosa andaina como goberno coa preceptiva repartición de áreas competenciais" establecendo unha nova organización na que destacou a redución do 48% en gasto público.
Segundo, Luís López no novo Executivo provincial "aspiramos a ser o equipo da mellor Pontevedra", resumiu, "están os mellores en cada posición", engadiu facendo un símil deportivo.
O presidente da Deputación de Pontevedra considera que "a provincia precisa da mellor xestión" e nese sentido presume da "experiencia e talento" que ten o equipo de goberno e coas "ganas e iniciativa" que demanda o "dinamismo" da provincia.
PLENO DE ORGANIZACIÓN
O réxime de sesións dos plenos quedará fixado o último venres de cada mes ás 12.00 horas, como viña sendo habitual. Tamén se fixan dez comisións informativas que estarán 9 deputados do PP, 6 do PSOE e 2 do BNG.
Ademais nomeáronse no pleno os representantes da Deputación nos distintos órganos colexiados, ademais do persoal eventual, os dotacións económicas e dedicacións exclusivas que o grupo de goberno terá tres, a do presidente e dous deputados máis e outras tres dedicacións parciais (ao 85, 79 e 50%).
"CHANTAXE"
Segundo asegurou Luís López, "imos aforrar a todos os pontevedreses un 48% en gasto público con respecto ao último ano dá anterior corporación". "Tamén vai supoñer un 19% de aforro en persoal eventual", engadiu. Concretamente, de 713.000 euros pásase a 367.000 e no caso do persoal eventual de 1,2 millóns de euros pásase a 978.000 euros, segundo os datos ofrecidos polo presidente.
Luís López lamentou chegar a este pleno sen acordo neste punto co Partido Socialista, ao contrario do que ocorreu co BNG ao que os populares agradeceron a súa disposición. Os nacionalistas presecinden de dedicacións exclusivas e contarán cun asesor de comunicación.
Este enfrontamento entre PP e PSOE escenificouse no ton bronco das intervencións dos portavoces dos dous grupos, Jorge Cubela e Carlos López Font, respectivamente.
Tal e como explicou Luís López a cuestión viña marcada pola "situación surrealista e indesexable" coa que se atopou o PP ao chegar á Deputación debido ao "desafiuzamento exprés da nosa sede en Vigo" algo que achacou "a un Concello e un partido que non soubo respectar unha decisión libre e democrática dos pontevedreses" nas eleccións municipais do 28 de maio.
Con estes argumentos o Partido Popular mostrouse disposto a aprobar a petición de 3 dedicacións exclusivas e de 3 asesores que expuñan os socialistas a cambio dunha "rectificación" con respecto á sede de Vigo, unha "conditio sine qua non" que López Font cualificou de "chantaje" e anunciou que o PSOE a denunciará nos tribunais de xustiza. "Este gobierno provincial no puede ser rehén de ambiciones personales de nadie", dixo Font en referencia á deputada viguesa Marta Fernández-Tapias.
En cambio, non houbo problema para aprobar a dotación económica mensual de 2.000 euros por grupo máis unha achega de 900 euros por cada deputado, asunto que foi aprobado por unanimidade.
Pleno da Deputación de Pontevedra
Luís López presidiu este venres o Pleno de organización do actual mandato, onde se abordaron cuestións como o réxime de sesións plenarias, a composición das comisións informativas, o nomeamento dos representantes en órganos colexiados, o persoal eventual e as dotacións económicas e dedicacións do grupo de goberno.
© Mónica Patxot