Atendida unha menor tras sufrir un accidente nun dos talleres de artesanía da Festa Corsaria
Por Diego Espiño
Unha nena de 7 anos de idade necesitou este sábado asistencia sanitaria tras sufrir un accidente mentres participaba nun dos obradoiros de artesanía da Festa Corsaria de Marín.
Segundo informan o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e a Policía Local de Marín, a menor necesitou asistencia médica ao sufrir queimaduras na cara.
Foron varios particulares os que alertaron ao 112 do accidente, minutos despois das 18.30 horas dela tarde, sinalando que a nena se atopaba participando nun obradoiro de lacre de cartas situado na Rúa do Sol cando lle explotou no rostro parte da cera que manipulaba.
Unha unidade do 061 acudiu ao lugar prestando asistencia médica á menor ferida, que foi trasladada por precaución á unidade de queimados do complexo hospitalario de Vigo.
Ademais, confirma a Policía Local, tamén se viu afectada a dona do posto e outro neno, os dous con queimaduras superficiais de pouca consideración en perna e pescozo respectivamente pero sen necesitar atención médica máis aló da aplicación dunha pomada para as queimaduras.
Relacionadas:
-
Evacuada en helicóptero unha persoa que sufriu unha caída no illote de Pedregoso
Por Oskar Viéitez |
-
Ferido un ciclista nun accidente de tráfico en Cambados
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Marín recalca a transparencia da Festa Corsaria fronte ás irregularidades denunciadas polo BNG
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Hospital do Salnés estrea unha nova área de esterilización
Por Oskar Viéitez |
-
Unha Festa Corsaria máis grande que os elementos
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |