O Xantar Prehistórico de Campo Lameiro, calificado de "éxito" por parte do Concello
Por Redacción
O Concello de Campo Lameiro calificou de "éxito" a afluencia de comensais ao Xantar Prehistórico, incluído no Festival Laeros, nunha segunda edición deste evento para promocionar ao municipio como Capital Galega da Arte Rupestre e Capital do Turismo Rural de España 2023. Así, máis de 600 comensais (máis do dobre que o ano pasado) deron conta de 33 costillares de vacún asados ao espeto pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente.
Entre o público presente atopábase o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa; o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; a deputada provincial Isabel Couselo, o xefe territorial de Educación; César Pérez Ares, e os rexidores de Portas; Ricardo Martínez e o de Moraña, Sito Gómez, así como membros da Corporación Municipal.
Antes do xantar, as autoridades deron unha volta polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) e visitaron a feira de artesanía e os obradoiros habilitados para recrear a Idade do Bronce. Tamén se achegaron ata o poboado onde tiveron a oportunidade de coñecer as técnicas construtivas empregadas para refacer os teitos das cabanas alí existentes e ata un dos obradoiros que ofrecía aos visitantes tatuaxes con símbolos da arte rupestre.
O toque musical durante a comida e a sobremesa correu a cargo da agrupación musical Cantos da Terra encargouse de amenizar tanto a comida como a sobremesa antes de darlle paso á Charanga Os Encerellados que prolongaron a música e o baile, en varios pases, ata as 21 horas. O apartado musical contou tamén coa participación da Asociación Cultural Musical Cantalúa.