En liberdade provisoria o veciño de Meis detido por unha violación
Por Oskar Viéitez
O Xulgado de Garda da Estrada ha decretou a liberdade provisoria con cargos á espera de xuízo para un veciño de Meis detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de agresión sexual e outro delito leve de furto dun teléfono móbil.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, a investigación iníciase pola denuncia presentada por unha muller o pasado 16 de agosto na Garda Civil de Caldas de Reis, na que relata que o día anterior sufrira unha agresión sexual no seu domicilio da Estrada.
Dita agresión realizouna unha persoa que pertencía ao seu círculo de amizades e aproveitando que estaban os dous sós no domicilio da vítima, o agresor aproveitou a situación tirala encima da cama e así violala. O agresor abandonou o domicilio levándose un teléfono móbil propiedade da muller.
Despois das oportunas xestións realizadas polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín, procedeuse á detención dun home de 55 anos de idade, veciño da localidade de Meis, con antecedentes policiais.