Remata o Concilia Bueu tras entreter un cento de nenos e nenas durante o verán
Por Redacción
O Concilia Bueu chega á súa fin. Un cento de nenos e nenas nacidos entre 2011 e 2019 gozaron deste programa lúdico cultural e deportivo durante os dous meses do verán.
Esta actividade está pensada ademais para favorecer tamén a conciliación laboral e familiar durante a tempada estival.
O programa desenvolveuse dende o 3 de xullo por parte da empresa de lecer Risotadas, que ofreceu actividades culturais, mentres que en agosto foi a cargo do club local Bueu Atlético Balonmán, que preparou obradoiros relacionados co deporte.
Como en anos anteriores, o Concello de Bueu facilitou este programa de forma gratuíta xa que, segundo Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdad, "é un proxecto moi necesario que pretende axudar á conciliación das familias nestes tempos tan complexos".
Os diversos obradoiros culturais, artísticos e deportivos tiveron lugar en varias localizacións, concretamente no CEIP Plurilingüe A Pedra infantil ou no Pavillón Municipal Pablo Herbello.