O campus prepárase para o inicio do novo curso universitario
Por Redacción
Estudantes de novo ingreso no campus universitario de Pontevedra achegábanse este martes pola Escola de Enxeñaría Forestal para recibir información e asesoramento nas xornadas de benvida, antes do inicio do curso o vindeiro luns 11 de setembro cando as facultades e escolas da Universidade de Vigo comecen a súa actividade formativa.
A principal novidade deste curso será a estrea da titulación do Grao de Deseño, o único grao novo que se incorpora á oferta do Sistema Universitario de Galicia, como indica o DUVI. As clases impartiranse no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal e na preinscrición rexistráronse 61 solicitudes de primeira opción para as 45 prazas ofertadas cunha lista de espera de 91 persoas.
Á xornada de benvida deste martes, que terá outras actividades ao longo dos próximos días nos diferentes campus da Universidade de Vigo, acudían Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra, e Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; ademais de Maribel do Pozo, de Internacionalización.
O acto estivo amenizado pola Aula Permanente de Música Tradicional Galega do campus, que mantén aberta a inscrición para o presente curso.
Relacionadas:
-
Últimos días para apuntarse ao novo grupo de música tradicional do campus
Por Redacción |
-
O curso tamén bota a andar na universidade
Por Oskar Viéitez |
-
Case 13.000 estudantes de Pontevedra volven o luns a clase en Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta inclúe a remodelación de espazos do Hospital Provincial no plan de infraestructuras das universidades galegas
Por Oskar Viéitez |
-
A Universidade de Vigo abre a preinscrición para o innovador programa de doutoramento CREA
Por Redacción |
-
Ratifican a creación das novas facultades de Deseño e de Dirección e Xestión Pública
Por Redacción |