Os militares da campaña antártica regresan a O Grove para prepararse nun terreo "muy similar" á Antártida
Por Alejandro Espiño
Co mar a 17 graos e cun terreo costeiro "muy similar" ao que se van a atopar, os trece militares españois que forman a nova campaña antártica do Exército de Terra adestran esta semana no Grove.
"Las condiciones del mar nos ofrecen unas posibilidades de instrucción muy similares a las que nos vamos a encontrar en la Antártida", explica o tenente coronel Ángel Prado, o xefe desta campaña, cuxos membros se están adestrando en materia de navegación.
Tras unha fase de montaña nos Pireneos "para adaptarnos al frío de la zona", os militares navegan por augas do Grove en embarcacións pneumáticas "que son las que debemos dominar y estar acostumbrados a manejar", ao ser alí o seu único medio de transporte.
A base española na Antártida na que, a partir de principio de decembro, estarán uns cen días, lembra o xefe da expedición, está en Illa Decepción, unha pequena illa volcánica próxima á plataforma continental e á que se accede a través da súa baía.
Os trece militares españois, que teñen unha media de 40 anos, terán como misión manter a base "en condiciones de operatividad" e apoiar á vintena de científicos españois que desenvolven os seus proxectos de investigación na Antártida, que están avalados polo CSIC.
"Los científicos van a un entorno que es peligroso, en donde hay temperaturas bajas, y necesitan un lugar en donde vivir, comer o tratar los datos que van recogiendo en la zona. Ese es nuestro cometido, que ellos puedan trabajar con seguridad", subliñou o tenente coronel Prado.
Esta será a trixésimo sétima campaña antártica do Exército español que, entre outras cuestións, encargarase das áreas de comunicacións, mantemento de instalacións, loxística, medio ambiente, sanidade, alimentación, vestiario ou do material de campamento.
Os trece compoñentes, tres delas mulleres, participan nesta misión tras un arduo e rigoroso proceso de selección no que, ademais dos seus coñecementos técnicos, pesa moito os seus perfís psicolóxicos porque "estamos aislados de todo casi cuatro meses".
""Es muy importante estar preparados para adaptarse al aislamiento, a estar alejado de tu familia y de tu entorno habitual", sostén Prado, que cualifica esta experiencia como un "pequeño Gran Hermano" porque a base é moi pequena "y estamos juntos 24 horas compartiéndolo todo".
Para o brigada Diego Casais, responsable do mantemento das instalacións, esta será a súa segunda campaña na Antártida, na que decidiu repetir tras a experiencia do ano pasado porque "la experiencia es increíble y profesionalmente es algo único e irrepetible".
Afirma que o adestramento que están a realizar no Grove "es muy interesante" porque a costa rochosa e as praias desta zona "son muy útiles para entrenar la entrada de las embarcaciones en la isla y estar atentos a no golpearla contra las piedras".
O capitán Pablo Álvarez Balsa, pola súa banda, viaxará á Antártida por primeira vez para encargarse da área de comunicacións, un cometido clave nesta misión porque "ao estar tan illados as comunicacións son determinantes", tanto entre eles como desde alá cara a España.
A preparación previa axúdalles, explica, a prepararse para que alí teñan os "mínimos problemas posibles" porque, de haber algunha incidencia, "temos que ser nós os que a solventemos" para evitar que se produza situacións "críticas" durante o despregamento.
"Vou con moita ilusión", asegura este militar natural de Ourense e destinado en Jaca (Huesca), que tamén dará apoio directo aos científicos que estudan, entre outros ámbitos, as condicións xeolóxicas e marítimas da Antártida ou a fauna do continente.