Envorca co seu coche en Cambados tras unha mala manobra
Por Oskar Viéitez
O Servizo Municipal de Emerxencias de Cambados e a Garda Civil de acudiron esta madrugada para auxiliar a un condutor cuxo coche se saíu da vía na estrada da costa en Tragove.
Segundo os servizos de emerxencias, o sinistro tivo lugar ao redor das cinco da mañá.
O condutor manobrou para deixar paso a outro coche saíndose o seu vehículo da calzada e despeñándose polo desnivel ata acabar envorcado sobre as rochas.
O condutor non resultou ferido.
Relacionadas:
-
Rescatada polo teito solar do coche tras sufrir un accidente en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
A investigación da traxedia de Cerdedo apunta a que a causa "fundamental" foi un exceso de velocidade do autobús
Por Alejandro Espiño |
-
Ferida a condutora dunha motocicleta nun accidente en Porteliña
Por Oskar Viéitez |