Supervisan a reparación do firme da estrada do Muíño
Por Redacción
A deputada provincial de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, visitou este martes acompañada do alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o concelleiro de Obras, Marcial García, as obras que a Deputación de Pontevedra está a acometer na EP-0306 PO-308-O Muíño-Campañó desde a semana pasada para mellorar a seguridade viaria nun treito de 1,5 quilómetros.
Os traballos teñen un orzamento de 153.000 euros e un prazo de execución de catro meses.
Este proxecto ten por obxecto a reparación da estrada e a mellora da súa capa de rodamento no seu entronque coa estrada autonómica PO-308 mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.
Ademais, o proxecto tamén inclúe a reposición da sinalización, tanto horizontal como vertical, do tramo afectado. Na actualidade, tras os traballos de saneamento e sobreancho da zona, estanse executando os labores de fresado e de instalación da nova capa de rodamento.
Nunha fase anterior a Deputación xa acometeu actuacións neste tramo da vía para dotala de espazos seguros para o tránsito peonil, coa instalación de cunetas transitables para peóns e ciclistas.
Tamén se arranxaron os problemas ocasionados polas augas pluviais, que se viñan acumulando na vía que, ao ser estreita, con pendente e edificacións ás súas beiras, isto traducíase na escorrenta das augas.
Relacionadas:
-
Aprobado o proxecto de mellora da estrada provincial O Muíño-Campañó
Por Redacción |
-
Reabren a estrada do Muíño tras reparar o burato que apareceu na vía
Por Redacción |
-
Cortan unha estrada de Poio ao afundirse parte da calzada
Por Redacción |
-
As obras de reacondicionamento da estrada do Muíño, na súa recta final
Por Redacción |