Polo menos tres detidos nunha operación antidroga con rexistros en varios locais de Pontevedra
Por Natalia Puga & Anxo Lourido & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha operación conxunta das policías Local e Nacional de Pontevedra deixa este xoves polo menos tres detidos e dous rexistros, un nun local de lecer nocturno da cidade e outro nun domicilio.
A operación ten como obxectivo a desarticulación de grupo criminal dedicado á venda e distribución de drogas en distintos puntos da cidade de Pontevedra.
A actuación policial comezou a primeira da mañá, a partir das 7.30 horas, e supuxo a realización de varios rexistros, un nun domicilio dun terceiro piso dun edificio na praza de Ponte Boleira, no barrio do Gorgullón.
Nos dous rexistros, os axentes policiais interviñeron diñeiro en metálico e distintas cantidades de haxix e cocaína.
Unha das intervencións que máis se prolongou no tempo foi a realizada na rúa Licenciado Francisco de Paula Cousiño, no centro histórico.
Alí, axentes da Policía Local despregaron a partir das 7.30 horas e durante toda a mañá houbo polo menos tres patrullas deste Corpo e da Policía Nacional, que se retiraron preto das 13.00 horas.
O obxectivo nesta rúa foi un pub no que os axentes realizaron un rexistro minucioso no que tamén utilizaron cans do servizo cinolóxico da Policía Nacional.
O propietario deste local de lecer nocturno foi un dos detidos, tres a última hora da mañá deste xoves.
La operación es resultado de una investigación de la Unidad de Drogas y Crimen Organizado (Udyco) de la Policía Nacional y el grupo SAI de la Policía Local de Pontevedra