Os socialistas de Poio reclaman ao Concello que complete a actuación prevista na Puntada e Saíñas
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O grupo municipal do Partido Socialista reclama ao Concello de Poio que complete a actuación prevista na Puntada e Saíñas.
Os concelleiros do PSOE visitaron as obras de rehabilitación levadas a cabo nestes núcleos de Saíñas, Portosanto e A Puntada unha actuación, prevista e iniciada no anterior mandato, que contou cun investimento de 937.753 euros.
Os socialistas destacan a importancia desta actuación, que supón unha rehabilitación integral dun entorno que se atopaba degradado e solicitaron do actual goberno "que impulse as fases pendentes e complete a actuación como estaba previsto".
Por último lembraron o seu compromiso coa recuperación dos entornos tradicionais e a mellora das condicións das persoas residentes no municipio.
RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL
Fontes do goberno local respostaron ás demandas do grupo da oposición que "antes de completar as actuacións o que hai que facer é solucionar as chapuzas e problemas que deixou o anterior Goberno sen arranxar".
"Non contan nada novo", engaden. Lembran, ademais, que hai días xa que o alcalde Ángel Moldes mantivo unha reunión cos veciños para recoller as demandas e peticións que teñen, "e practicamente a maioría son incidencias que quedaron da mala execución da obra ou inconvintes que non souberon solucionar, como por exemplo que vai pasar cos estacionamentos ou cos sentidos nas rúas".
Para o equipo de goberno "estas cuestións son o primeiro que hai que solucionar, as chapuzas e problemas que deixaron como herdanza", reiteraron.
Relacionadas:
-
Medra o rueiro de Poio coa incorporación do camiño da Revolta, en Chancelas
Por Redacción |
-
A prevención das violencias machistas na adolescencia, principal eixo da campaña do Concello de Poio para o 25N
Por Oskar Viéitez |
-
Poio propón un Entroido renovado co desfile en Campelo e unha gran festa na Seca
Por Redacción |
-
A última descendente viva da linaxe dos Soutomaior visita a Casa Museo de Colón
Por Redacción |