A prisión o garda civil que se atrincheirou cunha muller na súa casa de Vilagarcía
Por Redacción
O xulgado de instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o garda civil que atrincheirou cunha muller na súa casa.
O detido está investigado polos delitos de quebrantamento de condena e ameazas, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Segundo fontes próximas á investigación, o home, que non posuía armas e que se atopaba visiblemente nervioso, negouse a abrir a porta aos policías que se presentaron no domicilio o luns pola noite despois de que se lle rompese unha pulseira de control por violencia machista.
O operativo prolongouse ata as 04:30 horas da madrugada deste martes cando o home, que proferiu diversas ameazas aos axentes que participaron neste operativo, liberou á súa compañeira e se entregou.
Da detención deste garda civil, que tiña unha orde de afastamento da súa exparella, encargáronse os Grupos Especiais Operativos da Policía Nacional.