O prazo para solicitar un posto no mercadiño de flores de Todos os Santos abre este luns
Por Redacción
Comezan os preparativos no Concello para a festividade de Todos os santos coa apertura das solicitudes dun posto no tradicional mercadiño de venda de flores na Praza da Ferrería, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro.
As persoas interesadas poderán facelo a partir deste luns 16 de outubro nas oficinas que a Concellaría de Promoción económica ten na Casa da Luz. O prazo para presentar as solicitudes remata o 20 de outubro.
Unha vez solicitado o informe, o rexistro poderá facerse a través do correo electrónico do Concello ou nas propias oficinas de Rexistro, situadas en Michelena 30, coa solicitude cuberta e a liquidación da taxa de ocupación de vía pública polo número de metros que van ocupar.
Os postos que saen a adxudicación son 40 das seguintes medidas: 8 de 2 metros cadrados, 14 postos de 4 metros cadrados, 6 postos de 6 metros cadrados, 7 postos de 8 metros cadrados e 5 postos de 10 metros cadrados.
Cada solicitante só poderá demandar un posto e a adxudicación será por rigorosa orde de solicitude ata esgotárense.