As chuvias deixan numerosas inundacións en Cambados
Por Anxo Lourido
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados leva horas loitando contra as inclemencias do tempo que provocaron inundacións en diferentes puntos do municipio.
Durante as últimas horas, os integrantes deste servizo actuaron na retirada de contedores, colocación de tapas de sumidoiros e limpeza de aquetas que se detectaban en notables balsas de auga en diversas zonas como a praza do Concello; avenida de Castrelo; avenida de Vilagarcía; á altura do aparcadoiro do Rosita; en Ribeira de Fefiñáns; na contorna del Río dáa Ucha en Corbillón; Parador; zona do Mercado e Avenida da Pastora.
Tamén foi necesario que acudiran á estrada PO-300, desde os semáforos de Vilariño ata a rotonda; semáforos de Catro Camiños e á PO-500 na zona de Casarello.
O equipo de Emerxencias desprazouse ademais a Castrelo, A Pastora, Arenera, Corbillón e á vía rápida para retirar árbores que se desprenderon con motivo do temporal e das fortes choivas rexistradas durante os dous últimos días.