39 nenos estrean este curso o comedor do CEIP Isidora Riestra
Por Redacción
O CEIP Isidora Riestra estrea este curso comedor escolar con ata 39 alumnos e alumnas anotadas.
A concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, visitou este xoves as instalacións, nas que puido comprobar o funcionamento dun servizo "fundamental para facilitar a conciliación familiar e laboral, cun menú saudable e nutritivo, e que dá resposta a unha das principais demandas das familias deste centro escolar".
Desde o inicio do curso xa se incrementou de maneira importante o número de rexistrados, o que obrigará a aumentar o número de monitores para dar resposta á demanda.
Fixen, segundo informa o goberno local, o comedor comezou a funcionar con 9 nenos e agora mesmo contan cunha media de entre 25-35 nenos dependendo do día da semana.
Segundo explicou a edil de educación, o Concello de Poio afrece unha axuda de 1,5 euros por neno e día co obxectivo de reducir a tarifa que teñen que pagar as familias por este servizo, axuda que tamén se aplica no resto de comedores escolares do municipio.