O PP quere que o orzamento para o Nadal suba ata os 600.000 euros e que Lores non actúe como un "grinch"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, acusou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores de ser un "grinch" por non investir na iluminación e a programación do Nadal e pídelle "que no vuelva a poner de excusa el cambio climático" para que a Boa Vila goce de "unas Navidades en condiciones".
Nunha comparecencia celebrada este mércores, Rafa Domínguez sinalou a importancia da iluminación da cidade máis aló dun simple acto lúdico "son un complemento fundamental para el desarrollo del comercio y de la hostelería", defendeu. "Está demostrado", apostilou.
Por iso Domínguez instou ao alcalde para acender a iluminación do Nadal "en tiempo y forma" para "saldar la deuda pendiente con vecinos y comerciantes" despois da polémica xurdida o ano pasado coa demora ata o 16 de decembro do aceso.
Naquela ocasión "Lores no tuvo reparo en mentir a los pontevedreses excusándose en el cambio climático para ocultar una chapuza de su gobierno al no hacer el contrato en tiempo y forma" por iso os populares queren saber se este ano manterá o mesmo argumento "o ya no le importa tanto el cambio climático".
Nesta ocasión o Concello de Pontevedra puxo en marcha o pasado 22 de setembro o proceso de contratación da iluminación, cun orzamento de 140.000 euros e en cuxos pregos se contempla que ten que estar instalado antes do 6 de decembro. Pero o líder da oposición demanda un incremento do contrato de subministración e instalación da iluminación festiva anual aos 600.000 euros.
O líder local do PP cre que este incremento "es viable económicamente" e permite incrementar a oferta de actividades ligadas ao Nadal durante o mes de decembro e que Pontevedra "se llene de personas y de ambiente que beneficie a la ciudad y, por ende, al comercio, a la hostelería y a la hotelería local".
Rafa Domínguez destacou que a Xunta de Galicia e moitos concellos da nosa contorna subíronse ao tren da desestacionalización do turismo e do apoio ao pequeno comercio e cre quye "Pontevedra no debiera quedarse atrás con una Navidad mediocre, gastando la misma partida presupuestaria del año pasado", dixo.
O PP pon ao dispor do Goberno local o plan presentado polos populares a finais do ano pasado, cun poboado con mercado, atraccións e a casa de Papá Noel, concursos, acendido en torno á ponte de decembro e actividades que faciliten a conciliación.
Relacionadas:
-
Unha pista de xeo na Praza de España, principal novidade no programa de Nadal
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Queixas veciñais pola inseguridade que xera a falta de iluminación pública
Por Oskar Viéitez |
-
Colas madrugadoras para viaxar co Imserso
Por Oskar Viéitez |
-
A iluminación de Nadal en Pontevedra regresa á súa data habitual de acendido, o 5 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Pontevedra saca a contratación a iluminación do Nadal sen aclarar o día do aceso
Por Oskar Viéitez |