Un camión rompe un balcón dun edificio do Museo de Pontevedra na rúa Pasantería
Por Oskar Viéitez
Un camión de transporte rompeu un dos balcóns do edificio do Museo de Pontevedra na rúa Pasantería.
O incidente tivo lugar na mañá deste xoves e afortunadamente non se produciron danos persoais.
En cambio os danos materiais son cuantiosos. Por unha banda o remolque do camión quedou esnaquizado ao golpear co balcón. O vehículo pertence á empresa Transportes Galiport S.A.
En canto ao balcón do Edificio Fernández López do Museo de Pontevedra perdeu unha das pedras da base. Este inmoble foi construído no ano 1965 grazas a unha xenerosa contribución económica de José Fernández López, quen lle dará nome ao edificio segundo o acordo unánime do Padroado.
Desde a Deputación de Pontevedra xa se puxeron en contacto coa Policía local de Pontevedra polo seguro.
Unha vez dispoñan do informe de atestados da Policía Local coas declaracións que tomaron ao condutor o servizo de Patrimonio da Deputación dará parte ao seu seguro para reclamar danos.