Colectivos feministas convocan formalmente os actos do próximo 25N en Pontevedra
Por Redacción
O próximo 25 de novimebre será unha nova data de reivindicación feminista na Boa Vila.
O Colectivo Feminista de Pontevedra e o colectivo transfeminista 'FULANAS' confirmaron a convocatoria dos actos e manifestacións previstas para esa xornada, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Segundo explicaron ambas as organizacións nun comunicado, o Colectivo Feminista "alza a súa voz e denuncia que o goteo de mulleres asasinadas no que vai de ano é incesante, ao igual que os numerosos casos denunciados de manadas de adolescentes que cometen violacións grupais". Pola súa banda 'FULANAS' pon o foco "nas violencias machistas sofridas tanto en mulleres como nas persoas diversas por afastarse da heteronorma capacitista".
En canto aos actos previstos, o principal será unha manifestación que partirá o 25 de novembro ás 20.30 horas desde a Praza da Peregrina.
Ademais instalarase unha mesa informativa sobre as violencias estruturais na propia Praza da Peregrina a partir das 18.00 horas.
Relacionadas:
-
O uso das novas tecnoloxías pola mocidade será obxecto de atención nos actos do 25N en Poio
Por Redacción |
-
"Nin somos falsas feministas nin consentimos acusacións de verdadeiros machistas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Feministas convocan unha concentración en Pontevedra este luns en apoio a Jenni Hermoso
Por Oskar Viéitez |
-
8M | Pontevedra volve saír á rúa: “Somos feministas os 365 días do ano”
Por Mónica Patxot & Redacción |