Aberta a cita previa para o servizo de coidados porta a porta en Marín do 13 ao 16 de novembro
Por Redacción
A caravana de Coidados Porta a Porta chegará a Marín entre o 13 e o 16 de novembro e xa está aberto o prazo para solicitar cita previa para poder participar.
Para poder desfrutar deste servizo gratuíto e público, pódese pedir cita previa nos teléfonos 622748283 e 623546992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Esta iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia achega servizos asistenciais ás persoas maiores para previr a dependencia, ofrecendo estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía.
Neste servizo incluirase estimulación cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo.
No que respecta á podoloxía, pasarase unha consulta básica, ofrecerase corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas, así como unha valoración do estado xeral do pé.
En canto a audioloxía, tamén se ofrecerá unha consulta básica, a exploración funcional da audición e a prevención da perda auditiva.