Un "thriller romántico", a nova serie que DLO Producciones gravará en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
A cidade de Pontevedra volverá converterse en escenario de excepción para a rodaxe dunha serie de televisión. Será unha das grandes apostas para 2024 dunha das plataformas por streaming máis populares en todo o mundo.
Poucos detalles puideron desvelar os seus responsables, DLO Producciones, que está a pechar os últimos flocos do contrato para desenvolver esta serie. Así o explicou o seu presidente, José Manuel Lorenzo, tras reunirse este venres co alcalde de Pontevedra.
Será un "thriller romántico y de personajes", avanzou Lorenzo, que asegurou que con esta serie cumpre un "sueño", algo que para el é un "motivo de felicidad", o de rodar na cidade na que viviu ata os 17 anos "y a la que cada vez vengo más".
O produtor sempre tivo claro que este novo proxecto tiña que rodarse en Pontevedra. Así foi, subliñou, "desde el primer párrafo del guion", no que se indicaba que "tenía que ocurrir en una ciudad bella, en donde casi nunca pasa nada y todo el mundo se conoce".
"Venir a Pontevedra con una serie de esta importancia es un motivo de orgullo", destacou o responsable de DLO Producións, que nos últimos anos impulsou series como La caza: Monteperdido para TVE ou Dime Quién Soy e El inmortal para Movistar+.
José Manuel Lorenzo, que agradeceu todas as facilidades que lles brindou Pontevedra para gravar esta serie, apuntou que a rodaxe durará unhas sete semanas, entre finais de xaneiro e marzo de 2024, coa Boa Vila case como escenario exclusivo.
Haberá sesións de gravación tamén en Ponte Caldelas, Combarro, Vilanova de Arousa ou as praias da Lanzada e San Vicente do Mar, no Grove.
"Es una serie muy emocional y de corazón. Hay una historia de amor que sirve como desencadenante de todo lo que pasa después", subliñou Lorenzo.
Entre os poucos detalles que puido desvelar, o produtor indicou que será unha "serie colorista" que retratará toda a cidade, incluído o recuperado convento de Santa Clara, e que contará cunha repartición de diversas nacionalidades "pero tamén moitos de aquí".
Un deles, case con total seguridade, será Francis Lorenzo, que xa traballou co seu irmán en moitas das súas series. "Me da mucha suerte trabajar con él y es un actor extraordinario", explicou o responsable de DLO Producciones.
O trío protagonista, dúas mulleres e un home, serán dous actores españois e unha actriz "de mucho renombre internacional que os va a sorprender mucho", sentenciou.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou estar "encantado" de que a produtora elixise a cidade para gravar esta serie e contribuír así á súa promoción internacional. A serie, segundo as previsións, poderase ver en máis de 120 países.
Relacionadas:
-
RADIO.- Escribiuse un crime, foi en Pontevedra e en Semana Santa
Por Marisa Ciordia |
-
DLO Producciones xa grava en Pontevedra "El jardinero", a súa nova serie para Netflix
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O convento Santa Clara mercouse pola cuarta parte do seu prezo de taxación oficial
Por Oskar Viéitez |