En marcha a campaña "Ningunha crianza sen xoguete" do Concello de Poio
Por Redacción
O Concello de Poio xa activou a campaña solidaria "Ningunha crianza sen xoguete", para "garantir que ningún neno perda a ilusión polas festas do Nadal sexa cal sexa a situación ou as dificultades que haxa nos seus fogares".
Ata o 7 de decembro, todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa xa poden doar estes artigos de luns a venres no Pazo Besada, en horario de 9 a 14 horas, ou na Casa Rosada, entre as 17 e as 21 horas.
A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, anima á veciñanza a demostrar unha vez máis o seu apoio cunha iniciativa que pretende "chegar e facer felices a todos os nenos que viven en fogares cunhas necesidades especiais". Ademais, agradeceu a colaboración da veciña Silvia Ramírez, de Samieira, que un ano máis colaborará de xeito totalmente desinteresado con esta campaña municipal.
Recordan que os xoguetes deben estar limpos, en bo estado e con todas as pezas e poden ser desde xogos de mesa, bonecos e peluches, ata puzzles, construcións, libros, disfraces ou materiais deportivos como bicicletas, patines ou pelotas, entre outros.
Unha vez rematada a recollida de xoguetes, o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello de Poio encargarase de realizar o reparto antes do Nadal.
Relacionadas:
-
Onda de solidariedade da veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
Esta é toda a programación de Nadal do Concello de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Reveladas as cinco gañadoras do concurso de tarxetas de Nadal de Poio
Por Redacción |
-
Escolares de Poio pintan e decoran as Aldeas de Nadal
Por Redacción |
-
Poio contará cun roupeiro municipal para axudar ás familias con dificultades
Por Redacción |
-
Volven as "Caixas da ilusión", en beneficio das familias máis vulnerables de Poio
Por Redacción |
-
Abertas as inscricións para participar na andaina benéfica 'Ruta dos Pobos'
Por Redacción |
-
Seis mil euros para que ningunha familia de Ponte Caldelas quede sen alimentos frescos en Nadal
Por Redacción |
-
Poio aposta por unha programación de Nadal "pensado para devolver a ilusión por estas festas"
Por Redacción |
-
Vilaboa anima a ambientar de Nadal rúas e parques con materiais de refugallo
Por Redacción |
-
O Nadal de Pontevedra incluirá un gran mercado na Ferraría e unha campaña de apoio ao comercio local
Por Redacción |