O Campiño de Santa María acolle o segundo vermú tortilleiro de Pinto e Maragota
Por Redacción
Este domingo 19 de novembro, o Campiño de Santa María acollerá o II Vermú tortilleiro, organizado pola concellería de Igualdade dentro do programa Pinto e Maragota.
Nesta segunda edición as novidades son o premio á mellor tortilla de patacas tradicional (aceite, ovos, patacas, cebola opcional e sal), e premio á mellor tortilla queer (ingredientes libres).
As inscricións deberán realizarse no correo info@pintoemaragota.gal ata o sábado 18 de novembro ás 20:00 horas. A organización admitirá 15 tortillas/inscricións por cada categoría e cada participante poderá presentar unha por categoría dun tamaño mínimo de 24 centímetros.
A recepción das tortillas será ás 12.30 horas nos soportais do Campiño e o concurso comezará ás 13:00 horas.
Os xurados estarán formados por representantes da hostalaría local (Pepe Vieira, Rubén González), dous representantes de Avante LGBT+ Pontevedra, un representante de Pinto e Maragota e a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías.
O premio á mellor tortilla tradicional será un xantar ou cea para dúas persoas para inaugurar o novo proxecto de Pepe Vieira: Varela Churrasquería e o premio á mellor tortilla queer será un xantar ou cea 'especial Pinto e Maragota' con opción vegana e vexetariana no Cafetín.
Relacionadas:
-
Animado 'vermú tortilleiro' en Santa María da man do programa Pinto e Maragota
Por Redacción |
-
Pinto e Maragota comeza cunha Foliada Diversa e ofrecerá un congreso para docentes
Por Anxo Lourido |
-
A obra 'Todo o que doe' de Carmen Caramés, gañadora do III Literario Pinto e Maragota
Por Redacción |
-
Pinto e Maragota forma a estudantes pontevedreses sobre a historia da disidencia sexual en Galicia
Por Redacción |